No ano 1972 o MIT publicou un estudio coa denominación “os límites do crecemento”. Nel afirmábase que, “se as actuais tendencias de crecemento na poboación mundial, industrialización, contaminación, producción de alimentos e explotación de recursos continúa sen modificarse, os límites do crecemento do noso planeta se alcanzarán nalgún momento dentro dos próximos 100 anos. O resultado máis probable será unha declinación súbita e incontrolable tanto da poboación como da capacidade industrial (Meadows, Meadows, Randers e Behrens, 1972:40).
Vinete anos máis tarde, fíxose unha réplica cun equipo informático moito máis preciso, pero os resultados non foron moito máis alentadores: “A utilización de moitos recursos esenciais e a xeración de moitos tipos de contaminantes sobrepasaron as taxas que son físicamente sostibles. Sen reduccións significativas nos fluxos de materiais e enerxía, haberá nas décadas venideiras unha incontrolada diminución per cápita da producción de alimentos, do uso enerxético e da producción industrial” (Meadows, Meadows e Randers, 1992:23).
Polo tanto, ante esta situación, poderíanse establecer unos problemas ambientais básicos. Non a nivel local nen nacional, coma se ven facendo nos últimos anos, senón xa a nivel global, xa que o problema ante o que nos encontramos afecta xa a todo o planeta. Polo tanto, os procesos que encaminan cara un deterioro medioambiental global son:
– Esgotamento progresivo dos resursos non renovables e diminución dos recursos renovables, ó ser explotados a un ritmo maior que a súa taxa de renovación natural, xeralmente coa intención de responder a necesidades productivas e demográficas en continua expansión.
– Rotura de ciclos bioxeoquímicos e ecolóxicos polo impacto contaminante que sobre o chan, o aire e as masas de auga provocan os desfeitos asociados a actividade industrial, á producción agrícola, á concentración da poboación en grandes núcleos urbanos e os usos enerxéticos dominantes.
– Graves perturbacións climáticas e atmosfericas, asociadas á emisión de gases nocivos e de partículas en suspensión, coma resultado da ectividade agropecuaria intensiva e do consumo masivo de combustibles fósiles para o transporte e a industria, con efectos incertos sobre a temperatura media do planeta e dos océanos, a distribución e o equilibrio dos grandes biomas ou ecorrexións terrestres, a aparición de fenómenos meteorolóxicos catastróficos, a fusión das masas de xeo e neve polares e continentales perpetuas, a anegación de amplias zonas costeiras, a extensión das zonas desérticas e o agravamento dos procesos erosivos…
– A pérdida de biodiversidade específica e xenética, ocasionada pola deforestación intensiva das proncipais masas arbóreas do planeta, pola presión humana sobre espacios naturais vírxenes, pola selección do monocultivo de aquelas especies máis rentables para a industria química e alimentaria, reforzados polos patróns imperantes no comercio internacional.
– Incremento dos desequilibrios demográficos e da presión ambiental que exerce sobre un mundo finito o crecemento exponencial da poboación humana.
Ademáis disto, teremos en conta algúns datos referentes as diferencias entre os chamados Primeiro e Tercer Mundo.
Nos países máis desenvolvidos e industrializados, que acollen aproximadamente o 20 % da poboación mundial, se consume o 86 % do aluminio producido, o 86 % dos productos químicos, o 80% do papel, o 76% da madeira que non se consume como leña e o 75% da enerxía. Ademáis, son responsables do 50% do dióxido de carbono e do 70% dos CFCs liberados á atmósfera. Pola contra, nos países subdesenvolvidos suman o 80% da poboación mundial e soportan as taxas de crecemento demográfico máis altas e explosivas do planeta. Mentras que no seu territorio se extraen boa parte das materias primas que activan a maquinaria industrial do Primeiro Mundo, as poblacións locais exercen unha presión incontenible e pouco eficiente sobre o seu entorno, principalmente sobre as reservas de auga doce, o chan e os bosques, para procurar unha satisfacción case sempre insuficiente e precaria das súas necesidades básicas de alimentación, enerxía ou vivenda.
Falando de globalización. A RAE, define a globalización coma a tendencia dos mercados e as empresas a extenderse, alcanzando unha dimensión mundial que sobrepasa as fronteiras nacionais. Nós entendemos coma globalización o que outros denominan mundialización, ou a unificación do espacio xeográfico, tanto pola rotura das barreiras físicas, debido os avances nos medios de comunicación e transporte, coma pola disolución das fronteiras políticas e culturais ante a forza expansiva do mercado. Pero, ¿ata que punto é posible? ¿Como debe facerse?
Debemos acadar unha perspectiva que nos aporte alternativas para emprender un proceso de reconstrucción crítica da vida planetaria, en estreita relación coa procura da equidade social, a redistribución económica e a protección do medio ambiente, facéndonos preguntas coma as seguintes:
– ¿poden aspirar as sociedades a manter un desenvolvemento sostenible das magnitudes económicas asociado a un consumo de materiales, de espacio e de enerxía cada vez maior?
– ¿pode ser xeralizado o modelo económico, político, social e cultural de occidente os procesos de desenvolvemento de tódalas sociedades humanas?¿resulta viable ecolóxicamente?
– ¿sería factible un mundo no cal tódolos habitantes alcanzasen as mesmas ratios de consumo que agora os cidadáns occidentais?
– etc etc etc
As respostas a estes interrogantes teñen unha importancia decisiva para a construcción epistemolóxica e teórica da Educación Ambienal coma a educación en favor do medio ambiente.
Deja una respuesta